"Mitchell" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Físico e matemático norteamericano. Estudiou física no Massachusetts Institute of Technology, no que se doutorou en 1970. Profesor da Rockefeller University, é un dos pais da teoría do caos e descubriu o número que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico de EE UU, situado en Black Mountain, no estado de Carolina do Norte. É o cume máis elevado dos Apalaches, con 2.037 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano australiana. Coñecida como Nellie Melba, estudou canto en Melbourne e París. Especialista en coloratura, actuou en moitas óperas líricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico inglés. Estudou na Cambridge University, onde se doutorou en 1950. Conseguiu clarificar como o ADP se transforma en ATP nas mitocondrias, mediante fosforilación oxidativa, e determinou como actúan os enzimas que interveñen nesta conversión. Recibiu o Premio Nobel de Química (1978), polos seus traballos sobre os mecanismos de transferencia da enerxía química nos sistemas vivos, que o levaron á formulación da teoría quimioosmótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Autor da primeira análise sobre o ciclo económico, baseada na recollida dun gran número de datos, propugnou a aplicación do método estatístico na análise dos fenómenos económicos. Escribiu Business Cycles (1927) e Measuring of Business Cycles (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO