"Modena" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1629-1658) e de Correggio, fillo do duque Afonso III e de Isabel de Savoia. De nome Francesco I d’Este, apoiou a política da coroa hispánica no Mediterráneo e obtivo de Filipe IV o ducado de Correggio (1635). Desde 1647 aliouse co monarca francés que o converteu en xeneralísimo dos exércitos franceses en Italia, cos que, entre 1656 e 1658, devastou o Milanesado e a rexión de Mantua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1662-1694), fillo do duque Afonso IV. De nome Francesco II d’Este, durante o seu reinado os seus territorios estiveron baixo a autoridade da súa nai, Laura Martinozzi. Foi o restaurador da Universitá de Modena e do reordenamento da Biblioteca Estense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1737-1780), fillo do duque Renato I. De nome Francesco III d’Este, dirixiu os exércitos españois en Italia durante a Guerra de Sucesión austríaca, pero tralas derrotas españolas en Camposanto (1742) e Piacenza (1745), aliouse con Austria e obtivo o cargo de gobernador de Lombardia. Mecenas das artes e das letras, protexeu a S. Muratori e a G. Tiraboschi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Módena e Reggio (1814-1846) e arquiduque de Austria-Este, fillo do arquiduque Fernando e de María Beatriz, duquesa de Modena. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, ocupou o trono en Módena e tentou, sen éxito, proclamarse rei de Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1846-1859), fillo de Francisco IV. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, en 1848 foi obrigado a abandonar os ducados, pero foi restituído polos austríacos pouco tempo despois. Expulsado en 1859, os seus estados foron anexionados polo Piemonte e retirouse a Viena.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na rexión de Emilia-Romaña, Italia (175.442 h [2001]). Situada na alta chaira emiliana, entre os ríos Secchia e Panaro, é un importante centro comercial e nó de comunicacións. Posúe industria de automóbiles (Maserati), material ferroviario e calzado. Habitada polos lígures e os etruscos, foi ocupada sucesivamente polos boios (s V a C) e polos galos (s IV). No s VI conquistárona os lombardos, que lla disputaron aos bizantinos, e en 961 pasou aos Canossa, que foron condes ata 1115. Convertida en señorío dos Este (1288), en 1452 o emperador outorgóullela como ducado, e no s XVI disputouna o papa. Foi ocupada por Francia (1703-1707 e 1734-1736) e por Austria (1742-1749), e novamente por Francia en 1796. Formou parte do Reino de Italia (1805) ata que o Congreso de Viena lla restituíu aos duques (1815), que a retiveron ata a Batalla de Magenta (1859). En 1860 anexionouse definitivamente ao Reino de Italia. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (ss XII-XIV),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.689 km2; 628.180 h [2001]). A súa capital é Modena.