"Monte Alto" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Grupo musical pioneiro do rock bravú que se caracteriza por unir o idioma galego e mais o rock e a cultura popular de Galicia. Integrado por Rómulo Górriz Sanjurjo, acordeón; Juan Guni Varela, guitarra; Mangüi Martín, baixo; Marcos Viascón, batería, voz, acordeón diatónico; e Xurxo Souto, vocalista, as súas influencias musicais son moi variadas: punk, ska, heavy, hardcore, a música das bandas, a muiñeira, a pandeirada, etc. Entre as súas composicións destacan Aí vos quedades, Lume de biqueira, Estrume e Berbés, e da súa discografía Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (Arroutada 2) (1993), Avante toda! (Arroutada 3) (1995) e Capetón (Arroutada 4) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abuíme (O Saviñao). O seu cumio acada os 613 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bouzoa (Taboada). O seu cumio acada os 840 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO