"Monte Perdido" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CUMIOS
Cumio do Pireneo axial cunha altitude de 3.355 m. Está situado na parte central do Pireneo aragonés, dentro do Parque Nacional Ordesa y Monte Perdido (Huesca). Na súa vertente L nace o río Cinca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional situado na provincia de Huesca, Aragón que inclúe o val de Ordesa e outros territorios lindeiros, cos que acada unha extensión de 15.600 hectáreas. En 1918 foi declarado Parque Nacional e en 1982 ampliouse e recibiu o nome actual. Existe unha gran variación climática debido ás diferenzas de humidade e altitude, polo que existe unha gran diversidade de flora e fauna. Está considerado Reserva da Biosfera (desde 1977), posúe un diploma do Consello de Europa á Conservación (1988, 1993, 1998), é Patrimonio Mundial da UNESCO (desde 1997) e ZEPA (desde 1988). Das especies naturais que se poden ver destacan o tritón pirenaico (Triturus alpestris), a auganeira común (Galemys pirenaicus), o xabaril (Sus scrofa) e o rebezo (Rupicapra rupicapra), aínda que xa non o bucardo, unha subespecie da cabra montesa que se extinguiu a finais do século XX. Entre as aves destacan o crebaosos (Gypaetus barbatus), o voitre branco (Neophron percnopterus)...