"Montgomery" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Dramaturgo, autor de The gladiator (O gladiador, 1831), Oralloosa (1832), obra histórica, e Sheppard Lee (1836), relato de signo romántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral norteamericano. Destacou como un dos actores máis importantes dos anos cincuenta. Dos dezasete filmes que interpretou, destacan: The Heiress (A herdeira, 1949), de W. Wyker; A Place in the Sun (Un lugar no sol, 1951), de G. Stevens e The Misfits (Vidas rebeldes, 1961), de J. Huston.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Alabama, EE UU, situada á beira do río Alabama, navegable nesta zona (201.568 h [2000]). É un mercado agrícola e gandeiro e conta con industrias alimentarias e téxtiles. Foi sede do primeiro goberno confederado (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal inglés, vizconde de El-’Alamein. Participou nas dúas Guerras Mundiais. Como cabeza do exército británico en África, durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu a ofensiva vitoriosa de El-’Alamein (1942). En 1944 comandou as forzas de terra no Desembarco de Normandie e posteriormente dirixiu a liberación de Francia e de Bélxica. En 1946 foi nomeado xefe do Estado Maior imperial británico e en 1951 comandante adxunto da OTAN en Europa. En 1958 retirouse e escribiu Memoirs (1958) e The Path to Leadership (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como Robert Montgomery, formouse en Broadway para, a partir de 1929, ser un dos autores de cine máis populares. Entre outras películas, participou en The Divorce (1930) e Picadilly Jim (1936), e protagonizou e dirixiu The Lady in the Lake (1946), Your Witness (1950) ou The Gallant Hours (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista de jazz estadounidense. Coñecido como Wes Montgomery, foi un dos mellores improvisadores do período de posguerra. Colaborou coa orquestra de Lionel Hampton (1948-1950) para logo tocar cos seus irmáns Buddy e Monk. Desenvolveu un estilo moi semellante ao de J. Coltrane.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Henry Montgomery.
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Leslie Montgomery.