"Montojo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe galega. Trae como armas, en campo de prata, catro bandas de goles e, en punta, unha cabeza de lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e astrónomo. Catedrático de Física do Ateneo de Madrid, participou nos traballos da Comisión Central da carta xeográfica de España e foi comisario no estranxeiro para estudar os adiantos aplicables á Mariña española. Traduciu o Tratado de Astronomía de Heschel e rectificou a posición de moitas das estrelas contidas no catálogo da Sociedade Astronómica de Londres (1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO