"Morelos" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Estado de México (4.950 km2; 1.555.296 h [2000]). A súa capital é Cuernavaca. Limita ao N co estado de México, ao S cos estados de Guerrero e Puebla, e ao O cos de México e Guerrero. O clima ao N é frío nas montañas e tépedo nos vales, e ao S é cálido e húmido. A poboación duplicouse a mediados do s XX grazas á inmigración. A actividade céntrase basicamente no sector primario con cultivos de cana de azucre e de arroz, legumes, cereais, café, hortalizas e árbores froiteiras. Hai gandaría, e tamén industria, pouco importante, que produce cemento. A colonización castelá introduciu en 1530 o cultivo da cana de azucre, que co tempo se estendeu e se converteu en monocultivo. Ata 1869, cando se constituíu independente, formou parte do estado de México. En 1910 foi escenario da insurrección campesiña comandada por Zapata. Morto este, o estado favoreceu a política do partido agrarista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Sacerdote, en 1810 uniuse á revolta de M. Hidalgo. Proclamou a independencia mexicana (1813) en Chipalcingo, e unha constitución liberal en 1814, pero pouco despois os realistas sufocaron a revolta. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO