"Mosqueira" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade escénica en grupos afeccionados como Trasno, Tespis, Sapoconcho e O Moucho Clerc, e tamén traballou para o centro Dramático Galego (CDG) en espectáculos como O Incerto señor don Hamlet e Un soño de verán, co que obtivo o Premio Compostela ao mellor actor de reparto. Coa compañía Ollomoltranvía participou en Commedia e Raíñas de pedra, e con Mofa e Befa destacan Para ser exactos (1993) e Finis Mundi Circus (1998), co que logrou o Premio María Casares ao mellor actor de reparto. Tamén realizou traballos para cine e televisión en series como Mareas Vivas ou Un paso adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Folgoso (Cerdedo). O seu cumio acada os 558 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Capitán da Mariña Mercante, oficial da Reserva Naval Española e subdelegado marítimo de Pesca en Sevilla, Ribeira e A Coruña (1933-1936). Técnico pesqueiro na secretaría de Agricultura, Industria y Trabajo de la República Dominicana e do Ministerio de Agricultura y Cría de Caracas (1941), foi membro da Sociedad Venezolana de Ciencias Naturales e do American Museum of Natural History. Publicou Biología de la merluza. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca, Los clupeidos. Clupea. La sardina. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca. Su industrialización (1945), Las tortugas del Orinoco (1945) e La cuna gallega de Cristóbal Colón (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Saa (Dozón). O seu cumio acada os 792 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO