"Mourelle" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe que trae, en campo de goles, tres flores de lis de ouro, ben ordenadas. Outra variante leva, en campo de goles, tres rosas heráldicas de ouro, ben ordenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Percorreu a costa americana e descubriu o arquipélago de Vava’u e varias illas de Oceanía. Foi secretario do vicerrei de México (1790-1793) e loitou contra os franceses e ingleses. Escribiu un Diario sobre a súa primeira viaxe pola costa americana onde recolleu datos sobre os pobos indíxenas e a flora da rexión. Tamén foi autor de Noticia de la navegación de la fragata “Princesa” al mando del alférez D. F. Mourelle desde Manila a San Blas por el Océano Pacífico en 1780 y 1781.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid (1964). En 1983 fundou e presidiu o Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA) e creou e dirixiu a revista Galicia en Madrid. Dirixiu o Centro de Estudios Humanísticos José Filgueira Valverde. Das súas obras destacan La teoría lingüística en la España del siglo XIX (1968), Historia y principios fundamentales de la lingüística (1977), Sintagmática de la comunicación verbal (1984), Introdución al estudo del lenguaje. Con aplicación a los medios de comunicación (1991) e   El lenguaje publicitario. Aproximación a su estudo (1994). Ademais é editor e colaborador dos libros Ramón Piñeiro y su circunstancia (1993), La lengua gallega en sus tratados (1994), El periodismo gallego en los siglos XIX y XX (1997), El 98 hispánico. Con atención especial a Galicia (1999) e El Camino madrileño-castellano de Santiago (2000). É membro da Real Academia de Cultura Valenciana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. De orixe galega, formouse nos conventos de Salamanca e Valladolid e dedicouse ao ensino. Desde 1808 foi prior do convento salmantino. En 1815 recibiu o título de xeral da Orde co maxisterio en Teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO