"Mucor" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das mucoráceas, que posúen esporanxios que non se agrupan. Presentan a capacidade de sacarificar o amidón e transformar o azucre en alcohol. Atópanse nos froitos en descomposición e no pan.
-
-
Relativo ou pertencente ás mucoráceas.
-
Fungo da familia das mucoráceas.
-
Familia de fungos, da orde dos mucorais, que presentan o micelio cenocítico e que producen esporanxios con columela. Comprenden especies parasitas e outras que habitan sobre as substancias orgánicas en descomposición.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mucorais.
-
Fungo da orde dos mucorais.
-
Orde de fungos, da clase dos cigomicetos, que compende fungos saprófitos de micelio non septado, homotálico ou heterotálico, con esporanxios provistos dunha columela, que producen esporas asexuais, e presentan reprodución sexual mediante cigósporas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Micose producida por fungos cigomicetos de xéneros diversos (Absidia, Mortierella, Mucor ou Rhizopus), da orde das mucorais, que aparecen de xeito repentino e que se localizan especialmente no conduto auditivo externo ou no tecido orbitario e os seos paranasais.