"Mureş" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

    1. Espíritos do mal que, entre os etruscos e romanos, se lles aparecían aos vivos para asustalos. En Roma eran conxurados na festa das Lemuria, que se celebraba cada 9 de maio e os días impares seguintes (11 e 13). De noite o pai de familia saía descalzo da casa, lavaba as mans na auga dunha fonte e, volvendo a cabeza, guindaba á escuridade feixóns, que se cría que eran recollidos polos lémures; este rito ía acompañado da pronunciación dunha fórmula fixa nove veces. Logo o celebrante purificaba outra vez as mans batendo nun obxecto de bronce, momento en que repetía outra fórmula diferente. Nese momento podía virar a cabeza porque os lémures xa marcharan ata o ano seguinte.

    2. Imaxes irreais que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, producen moito medo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.304 km2; 532.718 h [estim 1999]). A capital é Baia Mare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Danubio, afluente do Tisza (803 km). Nace en Romanía, nos Cárpatos de Moldavia, atravesa Transilvania en dirección SO, e desemboca no Tisza, en Szeged, Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.714 km2; 602.155 h [estim 1999]). A súa capital é Tîrgu Mureş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Mureş, Transilvania, Romanía, situada a ambas as dúas ribeiras do Mureş (164.928 h [1999]). Ten industria metalúrxica, téxtil, da madeira e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO