Museo monográfico dedicado á obra de Pablo Picasso, inaugurado en Barcelona en 1963. Aloxado no palacio Aguilar, foi ampliado coas anexións do palacio do Baró de Castellet (1970) e o palacio Meca (1986). Os seus fondos correspóndense coa doazón que Jaume Sabartés, amigo e secretario de Picasso, lle fixera á cidade. Constan de pinturas, debuxos, gravados e litografías orixinais, libros ilustrados, carteis, cerámicas, escultura e obxectos diversos. Destaca especialmente a serie Las Meninas. Ademais da colección permantente, organiza exposicións temporais arredor da figura de Picasso e dos seus contemporáneos.
Museo situado no Palacio de Buenavista en Málaga, inaugurado en 2003. Acolle unha colección permanente composta por pinturas, esculturas, cerámicas, debuxos e gravados doados na súa maioría por Bernard e Christine Ruiz Picasso, que abranguen desde a etapa de formación ata os últimos anos do pintor.