"NDB" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Da súa produción destacan Les îles de la nuit (1946), Rivages de l’homme (1948), Poèmes (1944-1957) (1963) e Visages du monde (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto estadounidense. Fixo o primeiro voo directo Nova York-París, o 20 de maio de 1927, en 33 horas e media, co avión Ryan NYP “Spirit or St. Louis”. O rapto e asasinato do seu fillo de dous anos en 1932, tiveron unha gran resonancia. Durante a Segunda Guerra Mundial adoptou unha actidude de non intervención contra Alemaña, e aceptou unha condecoración de H. Göring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista sueco. Estudiou os cambios cíclicos como inherentes ao sistema económico e defendeu que a intervención do estado na economía debe limitarse a casos de emerxencia nacional. As súas obras máis importantes son Studies in the Theory of Economic Expansion (1937) e Busines Cycles and Economic Policy (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiofaro non direccional. É un sistema antigo, de soporte na navegación aérea, pouco fiable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana, situada ao S de Johannesburgo, da que constitúe un núcleo residencial (137.388 h [1985]). É unha cidade independente desde 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundador do grupo da nova poesía moderna, publicou os seus poemas na revista Poetry, fundada por H. Anderson. Da súa produción destacan   Abraham Lincoln: The War Years (Premio Pulitzer, 1940), Remembrance Rock (1948) e Complete Poems (Premio Pulitzer, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e acuarelista inglés. Traballou como topógrafo en Londres co seu irmán Paul Sandby e especializouse na arquitectura de xardíns. Foi un dos fundadores da Royal Academy de Londres (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario, mariño de profesión, que protagoniza unha das fábulas de influencia persa de As mil e unha noites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou todos os xéneros, sobre todo o teatro, e revolucionou o uso do idioma sueco. Da súa produción destacan Mäster Olof (1872), Röda rummet (A cámara vermella, 1879), Hemsöborna (A xente de Hemsö, 1887), Giftas (Casade, 1884), Fädren (O pai, 1887), Fröken Julie (A señorita Xulia, 1888), Till Damaskus (Cara a Damasco, 1898-1904), Ett drömspel (Un soño, 1902), Ensam (Solitario, 1903) e Bla Böcker (Libros azuis, 1907-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade secreta prusiana, fundada en Köninsberg, actual Kalinigrado, por nacionalistas que se opuñan á dominación napoleónica e querían a rexeneración de Prusia. Colaborou na reacción prusiana de 1815. Federico Guillerme III disolveuna (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO