"Naja" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, drenado polo río Genil (4.859 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca o castelo, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado ao N de Los Monegros (1.531 h [2001]). Ten agricultura de regadío e de secaño, cantería de xeso e destaca a fabricación de cerámica. Preto do municipio atópase a Cartuja de Las Fuentes, decorada con pinturas murais de Manuel Bayeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ofidios velenosos, da familia dos elápidos, que se caracterizan por ter dentes cun suco polo que sae o veleno, presentar placas na cabeza e costelas que lle dan forma de disco ao corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización clandestina de revolucionarios terroristas xurdida en 1879 en Rusia. Propuxéronse derrocar o absolutismo, establecer unha república democrática e entregar as terras aos labregos e as fábricas aos obreiros. A súa acción máis importante, o asasinato do Tsar Alexandre II (1881), representou a fin da organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca estatal rusa con sede en Moscova. Xurdiu como Biblioteca de Moscova e despois da Revolución Rusa converteuse na Biblioteca Nacional da URSS, sendo coñecida como Biblioteka SSSR imeni VI Lenina ou Biblioteca Lennin. En 1992 tomou o seu nome actual. Conta cunha colección de mapas, gravacións musicais, libros raros, periódicos e outros volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso de Terra do Norte.
-
RIOS
Río de Siberia, afluente do Ienisei pola dereita (1.830 km de lonxitude). Nace na divisoria do Lena e o Angara, na oblast’ de Irkutsk, co nome de Katanga, e recibe o nome de Tunguska Medio tras a confluencia co Tetere.
VER O DETALLE DO TERMO