"Namur" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CIDADES

    Cidade de Turquía, no extremo meridional da Anatolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madanapa Palatino; ḷḷ i, Madras 1897 - Ojai, California 1986) Pensador indio. Educado en Reino Unido, fundou en 1911 a orde do Estel, de raíz iniciática, disolta en 1929. A súa filosofía proclamaba a paz espiritual, acadada pola harmonía entre o todo e o eu. Os seus discípulos publicaron e traduciron os seus escritos e discursos, entre outros, The First and Last Freedom (1954) e The Urgency of Change (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Bélxica, situada na confluencia do Sambre e do Mosa (105.248 h [2001]). Ten industria siderúrxica, fabricación de cerámicas, xabóns e coiros, e é un importante nó de comunicacións. Sede dun condado e cidade importante na Idade Media, na guerra que a monarquía hispánica e Francia mantiveron desde 1688, caeu en poder dos franceses. Reconquistada (1695) por Guillerme III de Inglaterra, stadhouder de Países Baixos, os franceses volvérona ocupar en 1746 e en 1792. Capital do departamento francés de Sambre-et-Meuse (1794-1814), incorporouse ao Reino de Países Baixos en 1815 e a Bélxica en 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica, situada en Valonia, entre Francia, ao S, e as provincias de Brabante, ao N, Liexa, ao NL, Luxemburgo, ao L, e Hainaut, ao O (3.666 km2; 443.903 h [estim 2000]). A capital é Namur. Atravésana os ríos Mosa, Sambre e Lesse. O suco do Sambre e o Mosa comprende unha rexión industrial, con siderurxia, metalurxia, industria química e do vidro. Os principais núcleos urbanos son Namur, Dinant e Ciney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie ou estrato (ou tamén época ou idade) do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, que está comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. O estrato tipo está en Namur (Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Namuriano.

    VER O DETALLE DO TERMO