"Narla" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Miño (24 km). Nace no monte O Toxo, no sistema montañoso de Corno de Boi, na parroquia de Xiá (Friol), e desemboca na de Ombreiro (Lugo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Friol, Guitiriz, Lugo e Outeiro de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Lea e Narla (Friol). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Xiá (Friol). Construíuse sobre un antigo castro nos ss XII-XIII. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, foi reconstruída no ss XVI e posteriores. Consta de tres corpos: o central de planta rectangular, a torre da homenaxe e un torreón, e dúas alturas. A torre da homenaxe ten planta case cadrada, consta de 4 pisos e remata con ameas. Na fachada principal atópase a porta de entrada, de arco de medio punto e que conserva un escudo de armas. Pertenceu, entre outros, aos Ulloa, Seixas e Ordóñez. No seu interior acolle un museo etnográfico e histórico. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO