"Nasser" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito petrolífero de Libia, situado na rexión de Barqa.
-
PERSOEIRO
Político e militar exipcio. De nome Ǧ amāl’ Abd al-Nā ṣ ir, foi membro preeminente do grupo de oficiais libres que destronou o Rei Fārūq I de Exipto (1952), substituíu o xeneral Naguib no goberno (1954-1956) e presidiu a república exipcia (1956-1970). Iniciou unha moderada reforma agraria, declarou a liberdade relixiosa e levou a cabo a nacionalización do canal de Suez (1956), cun socialismo estreitamente ligado coa URSS. Constituída a unión con Siria, ocupou a presidencia da República Árabe Unida (1958-1963). Despois de anunciar a súa dimisión, a raíz do desastre da Guerra dos Seis Días (1967) con Israel, solicitáronlle que a retirara. Impulsou o Movemento dos Países Non-aliñados
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Myanmar (43.343 km2; 1.187.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tavoy (101.536 h [1983]).