Faraón de Exipto (380-363 a C). Primeiro faraón da dinastía XXX, enfrontouse con éxito ao persa Artaxerxes II, quen intentou invadir o Baixo Exipto para recuperar a zona que perdera á morte de Darío II de Persia (404 a C).
Faraón de Exipto (360-343 a C). Terceiro e derradeiro faraón da dinastía XXX, en 350 a C enfrontouse con éxito a Artaxerxes III, pero en 343 a C foi derrotado polo soberano persa, quen ocupou Exipto e fundou a dinastía XXXI.