"Neustria" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e de Borgoña (695-711), fillo de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austria e Clotilde. Sucedeu o seu irmán Clodoveo III, pero foi un rei nominal baixo o goberno do mordomo do palacio Pipino de Héristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia (663-675) e Neustria e Borgoña (673-675), fillo de Clodoveo II e Batilda. En 673 apoderouse dos reinos de Neustria e Borgoña, e reconstituíu a unidade do reino dos francos. Morreu asasinado por un nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria, Austrasia e Borgoña (743-751). Derradeiro rei merovinxio, foi proclamado por vontade dos mordomos do palacio, Carlomán e Pipino, fillos de Carlos Martel. Foi desposuído e enviado ao mosteiro de Sithiu cando Pipino tomou o título de rei dos francos en 751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Soissons (561-584), fillo de Clotario I e Ingunda. Tivo que aceptar a división do reino franco cos seus irmáns Cariberto I, Guntram I e Sixeberto I de Austrasia. Casou (556) coa princesa Galsvinta, pero asasinouna para poder casar coa súa amante Fredegunda. Isto provocou unha guerra con Austrasia, onde reinaba Sixeberto I, casado con Bruniquilda, irmá de Galsvinta. A súa muller matou a Sixeberto I. Morreu asasinado durante unha cacería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria (715-719), de Austrasia (719) e dos francos (719-721), fillo de Khilderico II de Austrasia-Neustria-Borgoña e Bliquilda. Ao morrer seu pai (675), recluírono nun mosteiro pero, á morte do Rei Dagoberto II, os magnates de Neustria proclamárono rei. Opúxose ao mordomo do palacio de Austrasia, Carlos Martel, e derrotouno cerca de Liexa (716) e de Soissons (719). Non obstante , trala morte de Clotario IV de Austrasia, Carlos Martel devolveulle o trono e foi recoñecido como rei de todo o regnum francorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino da monarquía franca do período merovinxio que comprendía as provincias do N e do NO de Galia. Formouse en 561, despois do seu reparto entre os fillos de Clotario I, e englobaba Soissons e París. A intensa romanización e a ambición dos seus reis opuxérono a Austrasia. Os pipinos, mordomos do palacio de Austrasia, levaron a termo a unidade dos dous reinos en 721.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO