"New York" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Estado do NL de EE UU, fronteirizo con Canadá e situado entre o Océano Atlántico ao L e os lagos Erie e Ontario ao O (127.190 km2; 18.976.457 h [2000]). A súa capital é Albany. Esténdese sobre dúas chairas divididas pola depresión do Hudson-Mohawk, no N atópase o macizo de Adirondack (1.629 m no monte Marcy) e no S a prolongación da chaira apalachense, coas montañas Castkill. O clima é frío e húmido. O río máis importante é o Hudson, co seu afluente, o Mohawk. A poboación, que se agrupa preferentemente no val do Hudson e na ribeira do lago Ontario, é principalmente urbana (85%), e o 70% do total atópase nas áreas de Nova York, Albany e Buffalo. Destacan as numerosas explotacións agropecuarias, cunha importante obtención de produtos lácteos. Os cultivos máis importantes son as froitas (mazás), verduras, patacas e trigo. Posúe depósitos petrolíferos e de gas natural. As industrias máis importantes son a alimentaria, a téxtil, a de confección, a de maquinaria eléctrica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa de Nova York. É a primeira do mundo e coñécese tamén como Wall Street por estar instalada nesta rúa desde 1792. Está organizada desde 1817 en forma de asociación privada, pero regulamentada e controlada polo Federal Reserve Board. O seu índice bolsista más coñecido é o Down Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en EE UU a partir do 18 de setembro de 1851. Fundado por Henry Raymond e George Jones, en agosto de 1896 foi adquirido por Adolph S. Ochs. Desde ese momento, a familia Ochs-Sulzberger liderou o xornal durante catro xeracións e converteuno en piar do progresismo moderado do país, cun xornalismo afastado do sensacionalismo e a parcialidade política do emporio de Hearst. Seguindo o lema “Without fear or favor”, o xornal caracterizouse polas críticas construtivas ao goberno, como a que fixo coa publicación dos “papeis do Pentágono”. No deseño ofreceu innovacións como a separación do xornal en catro cadernos en lugar de dous, o que deu lugar á aparición doutras seccións (Deportes, Ciencias ou Arte). En 1993 incorporou a cor ás súas páxinas e abriu edicións noutros idiomas. Ten no seu haber máis de 100 premios Pulizter. Incluído dentro do grupo de comunicación de AOL-Time Warner, é o segundo xornal do país en distribución, tras o Wall Street Journal.

    VER O DETALLE DO TERMO