"Nicanor" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Nikánor ‘home vitorioso’, ‘varón vencedor’, de níke ‘vitoria’ e anér, andrós ‘home’. Presenta o hipocorístico Licano. A súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor e director de animación. Emigrado a Cuba, realizou as curtametraxes El gallito de papel (1963) e La saladomaquia (1965). En 1965 trasladouse a París para dirixir o programa infantil da RTF Le manege enchantée, un clásico da animación infantil en Francia e Reino Unido. Director e creador das personaxes de Barrio Sésamo para TVE, en 1983 impulsou, como director de La 2 a realización de programas como Documentos TV ou Metrópolis. Foi presidente de Organización Mundial das Televisións Públicas (INPUT) e colaborou coa UNESCO na difusión de programas de televisión de carácter internacional. En 1998 produciu e realizou a serie Federico García Lorca, retrato de familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta chileno. De tendencia vangardista, utilizou nas súas obras unha linguaxe simple e directa cargada de ironía. Co paso dos anos adoptou unha liña que el mesmo cualificou de “antipoesía”. Da súa produción destacan Cancionero sin nombre (1937), Poemas y antipoemas (1954), Obra gruesa (1969, Premio Nacional de Literatura de Chile) e Coplas de Navidad (1983) e Poemas para combatir la calvicie (1993). Doutor honoris causa polas universidades de Brown (EE UU), Concepción (Chile) e Bío-Bío (Chile), recibiu o Premio Internacional Juan Rulfo (1991) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Redactor de El Imparcial, colaborou, entre outras publicacións, en La Ilustración Gallega y Asturiana. Escribiu Una epístola y un poema (1880) e Hierro y fuego (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e sacerdote. Diplomado en Ciencias Sociais, foi capelán da central dos Peares, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sociedade Galega de Antropoloxía. Colaborador nas publicacións Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Lucensia, escribiu Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975-1983), con outros autores; La parroquia de San Vicente de Pombeiro (1975), Escolma de Carballedo (1976), onde recolle cantigas, contos e adiviñas; A romaxe do Faro (1978), en que inclúe notas históricas, lendas e cantares relacionados coa romaxe; El libro lucense 1495-1936 (1982), Dende o meu lar (1984), Microtoponimia de Arcos (1995) e Libros impresos en Lugo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arpista. Discípulo de Marcel Tournier en París, a súa técnica e musicalidade déronlle fama internacional. Ensinou na Accademia Musicale Chigiana de Siena (1958-1962). Editou música orixinal para arpa de Cabezón, Beethoven e Ribayaz.

    VER O DETALLE DO TERMO