"Nicodemo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikódemos, latinizado en Nicodemus ‘vencedor entre o pobo’, do verbo nikao ‘vencer’ e démos ‘pobo’. Posteriormente, a etimoloxía popular creu ver neste nome o significado de ‘nugallán’, ‘parvo’, ‘necio’, ao se pensar, erroneamente, que procedía da palabra latina nescius ‘necio’. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor grego. Coñecido como o Haxiorita, foi monxe do monte Athos (1775) e foi coñecido fundamentalmente pola compilación de textos que publicou co nome de Filocalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fariseo e escriba xudeu. Membro do sanedrín, menciónase en tres ocasións no Evanxeo segundo san Xoán: cando tivo unha conversa nocturna con Xesús, cando o defendeu ante o sanedrín e cando axudou a Xosé de Arimatea a baixalo da cruz e a preparar o seu enterro. Polo xeral, aparece representado nas imaxes dos descensos da cruz e nos santos sepulcros, a carón dos pés de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO