"Nicolás" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 83.
-
PERSOEIRO
Histólogo. Foi o discípulo máis importante de Santiago Ramón y Cajal. Introduciu novas técnicas de impregnación metálica no estudo da histoloxía do sistema nervioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Irmá do poeta Francisco Añón, foi un bo exemplo da simbiose entre a muller rural galega do s XIX e a literatura popular. Carente de formación académica, estaba especialmente dotada para a versificación. Consérvanse só dous poemas da súa certa autoría recollidos por Lisardo R. Barreiro na súa obra titulada Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1889), concretamente unha composición inspirada na visita de Afonso XII a Compostela titulada “Al Rey don Alfonso XII” e unha elexía á morte do seu irmán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliógrafo e xurista castelán. No ano 1659, Filipe IV nomeouno axente do Reino en Roma, nas Dúas Sicilias e no Ducado de Milán; posteriormente foi apoderado da Santa Inquisición en España. En Roma reuniu unha biblioteca particular duns 30.000 volumes e rematou a súa magna obra, Bibliotheca Hispana Nova (1672) e Bibliotheca Hispana Vetus (1696), na que recolle datos sobre os escritores hispánicos dende Augusto ata o 1672.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pasteleiro francés. No ano 1809 gañou o premio de doce mil francos ofrecido por Napoleón a quen solucionase o problema da conservación dos alimentos para os seus exércitos, e no 1810 publicou o resultado dos seus traballos. Ao establecer que un tratamento térmico axeitado nun recipiente hermético é un metodo seguro para a conservación dos alimentos asentou as bases da industria conserveira. As bases teóricas do seu sistema non foron comprendidas dun xeito coherente ata anos máis tarde, para o que foron fundamentais as contribucións de Pasteur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e comerciante vasco. Un dos defensores máis consecuentes da necesidade de industrialización das terras hispánicas. Propugnaba unha política de “pan barato”, mediante a importación de cereais, ao tempo que favorecía o comercio e a industria, dándolles unha protección axeitada fronte aos produtos estranxeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Marqués de Nibbiano. Foi embaixador de Carlos III e de Carlos IV en Roma (1786-1798) e en París (1798-1799 e 1801-1803), e como tal firmou a Paz de Amiens (1802). En Italia interesouse pola Arqueoloxía, a Estética e os clásicos latinos. Foi un dos ilustrados máis radicais, tal como se reflicte na súa correspondencia con Manuel Roda y Arrieta -editada en 1846-, e nas súas Memorias (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote, economista e divulgador da fisiocracia. Entre os anos 1767 e en 1768 editou o xornal Ephémerides du Citoyen (Efemérides do cidadán), o órgano dos principais fisiócratas franceses. Moitos dos seus artigos recolléronse en libros, entre os que destaca pola súa claridade Première introdution à la philosophie économique (Primeira introdución á filosofía económica, 1771).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, foi catedrático de Gramática na École Royale Militaire de Metz. É un dos últimos representantes orixinais da tradición de Port-Royal, caracterizándose o seu pensamento pola concreción e a constante atención aos elementos materiais da linguaxe. No ano 1756, á morte de Du Marsais, encargouse de proseguir a redacción dos artigos gramaticais na Encyclopédie de Diderot. A súa obra mestra é a Grammaire générale, ou exposition raisonnée des éléments nécessaires du langage (Gramática xeral ou exposición razoada dos elementos necesarios da linguaxe, 1767).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado por París na Convención, foi un dos organizadores do Terror (1793). Despois opúxose a Robespierre e participou na reacción do 9 de Termidor. Foi deportado en 1795. Publicou Les éléments du Republicanisme (Os elementos do Republicanismo, 1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, enxeñeiro e urbanista. No seu Cours d’architecture (Curso de Arquitectura, 1675-1683), defendeu o clasicismo arquitectónico. É autor, en París, do arco de triunfo bautizado como Porte de Saint Denis (1671-1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito alemán. Cónsul en Cádiz, propagou as ideas sobre o Romanceiro e o teatro español do Século de Ouro de Schlegel. En Alemaña publicou Floresta de rimas antiguas castellanas (1821-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción, escrita xeralmente en verso, destacan as doce Satires (Sátiras, 1666-1711), que se reparten entre pinturas da vida parisina, reflexións morais inspiradas en Horacio e Juvenal e crítica literaria. Entre as Épîtres (Epístolas, 1669-1698), que tratan dos mesmos temas que as Sátiras, destaca a oitava, À Racine, sur l’utilisation des ennemis (A Racine, sobre a utilización dos inimigos). En L’Art Poétique (A arte poética, 1674) explicitou as súas concepcións literarias: estudia a traxedia, a comedia e a epopea, e aconsella respectar as regras das tres unidades. Cómpre subliñar tamén o poema traxicómico Le lutrin (O atril, 1672-1683). Entre as súas obras en prosa destacan: La dissertation sur Joconde (A disertación sobre a Gioconda, 1688), Tradution du traité du sublime de Longin (Tradución do tratado do sublime Longin, 1674) e Réflexions critiques sur Longin (Reflexións críticas sobre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista. Introduciu en España moitos dos presupostos ideolóxicos do Romanticismo. Recompilou e defendeu a poesía popular española e o teatro clásico, contribuíndo á súa difusión en Europa. Publicou as escolmas Floresta de rimas antiguas castellanas (1821-1825) e Teatro anterior a Lope de Vega (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pseudónimo colectivo dun grupo de matemáticos franceses, antigos alumnos da École Normale Supérieure. En 1930 comezou a aparecer esta sinatura nos Comptes Rendus da Académie Française des Sciences. A partir de 1939 empezaron a publicación dos célebres Éléments de Mathématiques. Adscritos á escola formalista, os nomes dos membros deste grupo mantivéronse en segredo.
-
-
-
PERSOEIRO
Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, enxeñeiro e oficial da armada. Fillo de Lazare Nicolas Carnot, interesouse especialmente polas máquinas de vapor. En 1842 publicou Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance (Reflexións sobre a potencia motriz do lume e sobre as máquinas propias para desenvolver esta potencia). Nesta obra trata o problema xeral dunha máquina térmica capaz de producir traballo e formula o principio de Carnot, que serviu, coas achegas de Lord Kelvin e a posterior elaboración de Clausius, para converterse no segundo principio da termodinámica. Consérvanse algunhas das súas notas nas que queda patente que Carnot atopara a equivalencia entre calor e traballo, que calculara un coeficiente de conversión (o equivalente mecánico da calor) e que consideraba que a cantidade de traballo do Universo é constante, co que se avanzou o primeiro principio da termodinámica. Está considerado o fundador desta disciplina científica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor auvernés. Escribiu diversas obras de teatro que tiveron moito éxito na corte. Da súa produción destaca Pensées, maximes et anecdotes (Pensamentos, máximas e anécdotas, 1803), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Activo en Portugal entre 1517 e 1551, foi un dos introdutores da estética renacentista neste país. Traballou nos sepulcros ecuestres de Afonso I e Sancho I, situados na capela maior da igrexa de Santa Cruz de Coimbra, e na decoración escultórica da capela do Hospital Real de Santiago de Compostela. Realizou as esculturas de Manuel e da Raíña María do pórtico do mosteiro dos Jerónimos (1517), o retablo de alabastro da igrexa da Peña (Sintra, 1532) e os sepulcros de don Álvaro da Costa (1535) e do bispo don Afonso de Portugal (1537). A súa obra marcou a introdución do clasicismo na estatuaria portuguesa do s XVI, sobre todo no que respecta aos modelos de escultura funeraria.
VER O DETALLE DO TERMO