"Noya" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • GALICIA

    Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na vila coruñesa de Noia en febreiro de 1898. Imprimiuse nos obradoiros de Tipografía Galaica, en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Vesterålen, Noruega, situada ao NL das illas Lofoten (2.198 km2; 31.098 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Francés, formouse na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. As súas obras caracterízanse pola forza da materia e a sobriedade das formas. Traballou a madeira, o granito, o aceiro, o latón, a prata e o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha torre de pedra, con ameas de azul, e a cada lado do mesmo unha cruz de goles. Outra variante trae, en campo de ouro, unha flor de lis, de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en neuroloxía, doutorouse en 1971 na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático e xefe do servizo de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Publicou máis dun centenar de traballos en diversas revistas como Revista clínica Española, Revista Médica de Galicia, Revista de Psiquiatría y Psicología Médica, Medicina clínica ou Gaceta Clínica de Bilbao, Revista clínica de geriatría y gerontologia. Algúns dos artigos publicados nestas revistas son “Síndrome de Turner con coartación de aorta y hemorragia subaracnoidea” (1971), “Atrofía cerebral idiopática” (1972), “Hipertensión intracraneal benigna” (1977) ou “El diagnóstico de las hemorragias cerebelosas” (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal e en 1939 foi tenente de alcalde. Perseguido polo Franquismo, estivo agochado e pasou dous anos nas prisións de Vigo e Pontevedra. Da súa produción destaca Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Cronista oficial da súa vila natal, fixo carreira eclesiástica en Mondoñedo antes de marchar a Madrid. De volta en Viveiro, colaborou en diversos xornais e foi director de El Eco de Vivero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en Londres e dentro da súa obra, en que predominan os matices expresivos e as evocacións impresionistas, distínguese unha primeira etapa realista, outra de transición e unha última en que predomina o impresionismo. Nas súas obras utiliza a cor, o contraste e compón os modelos tomados do natural. En canto á temática aborda múltiples motivos, desde bodegóns a paisaxes labregas e figuracións.

    VER O DETALLE DO TERMO