"Nubia" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao connubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha metamórfica de contacto formada a partir de rochas arxilosas non carbonatadas. É de cor clara (rosa, parda, violeta ou verde), cunha estrutura densa ou con xistosidade relita, e motivos miméticos sobre a estrutura procedente da acción de contacto.
-
-
Relativo ou pertencente ao Danubio.
-
Que está bañado ou atravesado polo Danubio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron no s XIX os principados de Moldavia e Valaquia no Congreso de París (1856). Na Conferencia de París (1858), aceptouse o nome de Principados Unidos de Moldavia e Valaquia e, coa subida ao trono dos dous principados de Alexandru Ion Cuza (1859), produciuse a fusión que orixinou a creación do novo estado de Romanía (1861).
-
REXIÓNS
Rexión de África nororiental que se estende desde a primeira catarata do Nilo ata a cuarta. Dentro dela distínguense a Baixa Nubia (Exipto), somerxida en parte polo lago Nasser, desde a primeira catarata á segunda, e a Alta Nubia (norte de Sudán), desde a segunda catarata ata a cuarta. Na antigüidade faraónica, a primeira recibía o nome de Uauat e a segunda o de Kuš. Para o seu estudo as fontes documentais adoitan ser externas e durante dous milenios (3100?-1080 aC), só se dispoñen de textos exipcios. Ao comezo do s II a C, apareceron os textos en meroítico, máis inaccesibles, xa que aínda non foron descifrados. A historia nubia comeza case ao mesmo tempo que a exipcia, posto que xa desde a dinastía I os faraóns interviñeron na Baixa Nubia ou Uauat. As razóns que moveron aos faraóns a intervir no sur foron comerciais, para adquirir produtos exóticos, como plumas de aves e marfil; militares e mineiras, para conseguir a diorita das canteiras de Toška e o ouro do Uauat e de Kuš. Durante o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do NL de África, situado en Sudán (400.000 km2). Esténdese desde o uadi Halfā’, ao N, ata Abū Ḥ amad, ao S, e desde o Nilo, ao O, ata a serra costeira do Mar Vermello, ao L. A parte oriental é pedregosa e de rochas volcánicas, mentres que na occidental abundan as extensións areosas. As precipitacións son escasas.