"ODECA" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘punta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘punzón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘doce’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dodecaedro.

    2. Que ten a forma dun dodecaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro de doce caras.

    2. Poliedro regular formado por doce pentágonos regulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten doce fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de composición musical que estrutura a peza sobre doce notas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dodecafonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical ideado por Arnold Schönberg na década dos anos vinte do s XX, que consiste en estruturar cada obra musical sobre unha serie de doce sons, as notas da escala cromática, presentados nun só golpe e nunha orde determinada polo compositor. Significa a disolución do sistema tonal clásico e rexeita as leis que rexían a tonalidade e mais a harmonía. A serie pode ofrecer catro modalidades: orixinal, retrógrada, invertida e retrógada invertida. Os principais compositores dodecafónicos foron o propio Schönberg, A. Berg, E. Krenek e A. Webern.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dodecágono.

    2. Que ten doce ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono de doce ángulos e, polo tanto, de doce costados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Grecia, situado ao S do mar Exeo, que constitúe o nomós do Dodecaneso (2.714 km2; 163.476 h [1991]). A capital é Rodas. Está formada polas illas de Astypálaia, Leros, Kálymnos, Telos, Chalke, Rodas, Patmos, Lipsós, Kôs e Nísyros. Estivo poboado dende o Neolítico. No 700 a C, a illa de Rodas formou parte da Hexápole doria, xunto con Knido, Halicarnaso e Kôs, feito que influíu no resto das illas do Dodecaneso. Dende o s III a C, perdeu prototagonismo no espazo do Exeo. Ocupárono os romanos e os bizantinos. Durante a Idade Media, sufriu os ataques dos piratas sarracenos, mentres os xenoveses e os venecianos estableceron bases nas illas. No 1309, os cabaleiros de San Xoán conquistaron a illa de Rodas e construíron a cidade medieval. Estiveron baixo dominio turco entre 1522 e 1912, cando foron ocupadas polos italianos. A dominación italiana durou ata 1943 e a Conferencia de París de 1946 outorgoullas a Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido láurico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten doce sílabas.

    2. erso de doce sílabas que presenta diferentes modelos segundo a posición da cesura que o divide en dous hemistiquios e a diversa distribución dos seus acentos. Tomás Navarro Tomás distingue varias posibilidades: troqueo, formado por dous hexasílabos con ritmo trocaico, isto é, con acento nas sílabas impares; dactílico, composto por dous hexasílabos acentuados nas sílabas segunda e quinta de cada hemistiquio; polirrítmico, que combina na mesma estrofa as modalidades trocaica e dactílica; ternario, integrado por tres grupos de tetrasílabos, con acentos nas sílabas terceira, sétima e décimo primeira; dodecasílabo de 7+5, tamén chamado verso de seguidilla, que consta de dous hemistiquios de sete e cinco sílabas; e dodecasílabo de 5+7, integrado por un primeiro hemistiquio dactílico e un segundo, troqueo. Habitual na tradición poética castelá, as súas primeiras manifestacións remóntanse ao s XIV, en concreto ao Laberinto de fortuna, de Juan de Mena, e tivo o seu momento de auxe no s...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión da Baixa Nubia que se estendía desde Elefantina ata Hierasykaminos. Formaba un tapón entre os estados meroíticos e o Exipto dos Ptolemeos, que a conservaron case sempre no seu poder. Pasou ás mans dos romanos ata que Diocleciano renunciou a ela por causa dos ataques do pobo nubio dos blemios (297).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio que ten doce columnas na fachada. Aplícase sobre todo aos templos da arquitectura clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de Estados Centroamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO