"Octavia" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Nobre romana, filla de G. Octavio e de Acia, e irmá de Augusto. Contraeu matrimonio, primeiro con G. Claudio Marcelo, de cuxa unión naceu Marco Claudio Marcelo, e despois casou con Marco Antonio (40 a C), quen a abandonou por Cleopatra VII e rematou repudiándoa. Estimada polas súas virtudes, un pórtico diante do Teatro Marcelo perpetuou o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romana, filla do Emperador Claudio I e de Mesalina. Despois de morrer a súa nai, a súa madrasta, Agripina, forzou o seu matrimonio con Nerón (53). Este repudiouna nove anos despois aducindo que era estéril pero, diante da simpatía do pobo cara a ela, acusouna de adulterio e, despois de relegala á illa Pandataria, fíxoa matar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Octavianus, xentilicio romano derivado de Octavius, e este á súa vez de octavus ‘oitavo’, que designaba o oitavo fillo da parella. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome (Caio Xulio César Octaviano) que recibiu Augusto despois de ser adoptado por Xulio César (44 a C).
-
-
Relativo ou pertencente ao Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).
-
Período de paz completa, semellante á que reinou no mundo romano en tempos do Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).
-
-
PERSOEIRO
Eremita. Natural de África, fuxiu da invasión e ocupación dos vándalos e refuxiouse na Toscana. Viviu nunha cova e predicou contra o arianismo. Foi canonizado en 1519 polo Papa León X. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Octavius, derivado de octavus ‘oitavo’ que, orixinariamente, se lle impoñía ao oitavo fillo. Pertence, pois, á serie de nomes tirados de numerais ordinais como Primus, Secundus, Quintus ou Sextus. Despois converteuse en nome persoal independentemente da orde de nacemento. A súa festividade celébrase o 20 novembro.