"Octavio" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Club vigués de balonmán fundado por Octavio Rodríguez Vicente en 1966, no seo do centro de ensino homónimo. Dedicado inicialmente ao balonmán feminino, en 1968 creouse a sección masculina. Ascendeu á División de Honor por vez primeira na tempada 1974/1975, militando nela durante dúas campañas consecutivas. Volveu á máxima categoría tras proclamarse por segunda vez campión da 1ª División Nacional na tempada 1978/1979, para manterse durante tres tempadas, entre 1979 e 1982. Logo dunha década, tornou á elite do balonmán español, a nova Liga Asobal, tras ascender na tempada 1992/1993. Nesta xeira acadou os seus maiores logros, permanecendo cinco tempadas consecutivas na categoría (1993-1998), proclamándose subcampión da Copa do Rei (1995) e sendo o primeiro equipo do balonmán galego en clasificarse para disputar competicións europeas: Recopa de Europa (tempada 1995/1996; cuartos de final), Copa EHF (1996/1997; semifinais) e City Cup (1997/1998; semifinais)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. En 1968 deuse a coñecer internacionalmente con La primera carga al machete, filme histórico esteticamente expresionista, ao que seguiron Los días del agua (1971), El señor Presidente (1983) e Gallego (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Meteorólogo. Foi subdirector do Instituto Metereolóxico Central e colaborou en diversas revistas científicas. Publicou Recreaciones científicas (1881) e Lo accesible y lo inaccesible (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Traballou como profesor de xeografía e historia en Rio de Janeiro. Publicou os poemas “Alfonseida”, “Portugal nació de un beso” e El portal de las Indias: poema dramático en tres actos y cuatro cuadros (1941) , e as antoloxías Antología de R. Mesoneros (1945) e Antología de Andrés Bernáldez (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome (Caio Octavio) de Augusto antes de ser adoptado por Xulio César en 44 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia Octavio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estratega romano. Foi cónsul (165 a C) e embaixador en Asia (162 a C). Dirixiu a frota romana contra Perseo (168 a C) e construíu o pórtico de Octavia en Roma. Morreu asasinado por un grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, neto de Cneo Octavio. Foi cónsul en 87 a C xunto con Lucio Cornelio Cinna, pero ao contrario que este, opúxose á obra reformista de Mario e expulsou a Cinna da cidade. Asediado e bloqueado en Roma polos partidarios de Mario, foi asasinado por Cinna, o que provocou o estalido dunha guerra entre os partidarios do xa falecido Mario (86 a C) e os seguidores de Sila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Pertenceu á Lexión Tebana e, na persecución de Máximo Hercúleo, sufriu martirio en Turín. Represéntase vestido de militar romano ou medieval, coa espada (atributo dos militares), a palma e a coroa dos mártires. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Octavius, derivado de octavus ‘oitavo’ que, orixinariamente, se lle impoñía ao oitavo fillo. Pertence, pois, á serie de nomes tirados de numerais ordinais como Primus, Secundus, Quintus ou Sextus. Despois converteuse en nome persoal independentemente da orde de nacemento. A súa festividade celébrase o 20 novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e diplomático mexicano. Combatente do exército republicano durante a Guerra Civil Española, onde coñeceu a Pablo Neruda, e membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas, ao seu regreso a México foi un dos fundadores de Taller (1938) e El Hijo Pródigo. A partir de 1955 organizou o grupo Poesía en Voz Alta e colaborou en Revista Mexicana de Literatura e El Corno Emplumado; ademais, foi un dos principais impulsores de Plural e Vuelta. Membro da embaixada de México en India (1962-1968), durante as súas estadías en Europa trabou amizade con diversos intelectuais como André Breton e Albert Camus. A súa obra caracterízase pola recorrencia dos temas do amor, a soidade e a morte, expresados cunha gran riqueza imaxinativa. Considerado como un dos principais escritores das letras mexicanas, como poeta iniciouse co libro Luna silvestre (1983), ao que seguiron outros volumes de claro compromiso político como Raíz del hombre (1937),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Correspondente literario en El Imparcial, La Europa e El Progreso, inscribiuse en tendencias naturalistas francesas, cun estilo semellante ao de E. Pardo Bazán, e destacou polas súas novelas, El enemigo (1887) e Sacramento (1914), e as coleccións de contos, como Mujeres (1911). Defensor do amor natural, está considerado como un dos precedentes da novela erótica. Como crítico da arte publicou Apuntes para la historia de la caricatura (1878) e Del desnudo en el arte (1902). Foi membro da Real Academia Española (1900) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Dirección de Empresas pola Escola de Negocios de Caixanova, foi correspondente da RAG e da TVG en Vigo. Colaborador en distintos medios impresos, foi redactor xefe de Ondas Galicia Radio (1985-1987), editor e presentador de Deportes Fin de semana e xefe de deportes da TVG (1993-1996). Foi director do Centro Territorial en Galicia de Televisión Española (1998-2004) e posteriormente xerente do Padroado de Turismo Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO