"Ogier" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suposto vasalo de Carlomagno que, en loita contra este, se refuxiou preto de Desiderio, rei dos longobardos. Segundo a lenda, era fillo dun rei de Dinamarca. Aparece en moitos poemas épico-cabaleirescos medievais como a Chanson de Roland e La Chevalerie Ogier de Denemarche, e tamén como heroe da literatura danesa.
-
PERSOEIRO
Autor teatral belga. Renovou a temática medieval mediante a historicidade e a actualización, o realismo cómico e a manipulación da linguaxe popular. A súa primeira obra foi De gulzigheid (A gula, 1639), que xunto con seis máis, escritas entre 1644 e 1678, forman o ciclo teatral De zeven hoofdzonden (Os sete pecados capitais, 1682).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político belga. Foi partidario da independencia de Bélxica respecto ao Reino dos Países Baixos, tomou parte na Revolución de 1830 e foi membro do goberno provisional belga (1831). Gobernador de Anveres (1831), ministro do Interior (1832-1834) e de Obras Públicas (1840-1841), foi xefe dos liberais e do goberno (1847-1852 e 1857-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Traballou con R. Campin en Bruxelas e en 1435 nomeárono pintor oficial da cidade. O seu estilo inclúese dentro da corrente naturalista flamenga, entre o gótico e o Renacemento. Foi un naturalista de gran dramatismo. Da súa produción destaca Descendemento da cruz (1430?).
VER O DETALLE DO TERMO