"Okinawa" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ILLAS

    Illa máis grande do arquipélago de Ryūkyū, Xapón, no mar da China Oriental, que forma parte do ken de Okinawa (1.254 km2). A súa capital é Naha. Pertenceu ao Imperio Chinés entre os ss XIII e XVII, e a Xapón desde 1607. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos estadounidenses, que a converteron nunha das súas bases principais en Extremo Oriente, desde a que operaban contra Corea e Indochina. En 1972 o goberno xaponés recuperou a administración da illa, pero as forzas estadounidenses conservaron as súas bases aeronavais con dereito a gardar nelas armamento nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Okinawa, na illa de Okinawa, Xapón, situada na parte central da illa (106.825 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Ryūkyū, Xapón (2.265 km2; 1.318.220 h [2000]). A súa capital é Naha.

    VER O DETALLE DO TERMO