"Oldenburg" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, situada no punto de unión do canal Weser-Ems co Hunte (154.125 h [2000]). É un porto fluvial e centro comercial, con industrias mecánicas, téxtiles e de conservas cárnicas (as máis importantes de Alemaña). Foi centro do antigo estado de Oldenburg. Conserva a catedral gótica e o palacio ducal do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado alemán. Foi un condado que dependeu do ducado de Saxonia ata que se liberou e os descendentes do conde Elimar se converteron en príncipes do imperio (1180). Cristián VII de Dinamarca cedeuno a Paulo de Holstein-Göttorp, gran duque de Rusia en 1773. Transmitido ao seu curmán Federico Augusto, bispo de Lübeck, en 1803, transformouno en principado hereditario. Converteuse en gran ducado, formou parte da Confederación de Alemaña do Norte (1866) e integrouse no Imperio Alemán (1871). En 1918 converteuse en land da República de Weimar. Forma parte de Baixa Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Naturalizado estadounidense (1953), mostrou as súas tendencias pop e foi habitual do ambiente cultural de Nova York, onde entrou en contacto con experimentos teatrais influídos polo grupo Gutai. En 1963 expuxo o Bedroom Ensemble, unha reprodución a escala natural dun dormitorio, e en 1966 comezou as Soft Scultures, reproducións ampliadas e en materiais brandos de obxectos industriais e estandarizados, como pantalóns ou xeados, cos que acadou unha sátira mordaz da sociedade contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO