"Olea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 56.

  • Bernaldo de Bolea e de Portugal .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aristócrata e estadista aragonés. Foi Capitán Xeneral de València (1763-1766) e Presidente do Consello de Castela, cargo dende o que dirixiu a política do reino. Impulsou as reformas ilustradas, o regalismo e a expulsión dos xesuítas; favoreceu a actuación dos golillas, que dirixía o conde de Floridablanca, aos que se enfrontou máis tarde como xefe do partido aragonés. Como embaixador en París (1773) desenvolveu unha política belicista contra Gran Bretaña, que dá os seus froitos na Guerra da Independencia Norteamericana e a consecuente Paz de Versalles (1783). De regreso á Península (1787), forzou a destitución de Floridablanca, a quen substituíu como Primeiro Secretario de Estado (1792). A súa actitude neutral, nun momento en que a oposición a Francia era moi forte, e ilustrada provocou a súa destitución (1792) e encadeamento (1794). Logo da súa liberación (1795), instalouse en Epila, onde desenvolveu unha serie de reformas locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, á beira do río Guadiana (1.626 h [1996]). Cultivos mediterráneos (cereal, oliveira e vide) e gandería lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira do río Guadalquivir (3.398 h [1996]). Industrias alimentarias e de pensos. Dentro do termo encóntranse as ruínas romanas de Arva (alfares e termas) e unha necrópole de época tardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 28 de setembro de 1868 preto de Alcolea (Córdoba). As forzas sublevadas en Cádiz, mandadas por Serrano, derrotaron ao exército de Pavía, avanzando así ata Madrid. Este combate significou a fin do reinado de Isabel II e o triunfo da Revolución de Setembro, chamada A Gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, no val de Almanzora (1.550 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘almorzar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos soleidos ao que pertence o linguado de fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da costa Atlántica, situada entre Punta Forcados (extremo occidental da serra Pena Forcada), e praia Beira, preto da aldea de Mourín na parroquia e concello de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicechanceler da coroa aragonesa (1562-1581). Foi visitador do estado de Milán e acompañou ao futuro Filipe II de Castela a Flandres (1548). Foi tamén rexente do consello de Aragón, gobernador de Portugal e vicerrei de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma arreboladiza consistente en diversas bólas, xeralmente de pedra, ligadas con correas por grupos de tres ou catro, que se lanza ao pescozo ou ás patas dun animal para inmobilizalo. É o método tradicional de caza no Chaco, na Pampa arxentina, e entre os araucanos, así como tamén entre os esquimós e os chukchis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer dando voltas por unha pendente

    2. Levantarse fortes ondas na superficie do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade reposteira, consistente nun pan doce cociñado e aromatizado con anís, típico do sur da provincia de Pontevedra, principalmente de Tui e Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Georges Boole ou á súa álxebra.

    2. Aplícase ao sistema de busca de textos nun ordenador ou nunha rede informática empregando unha aplicación na que se combinan termos como AND, OR e NOT, cos que se indican coa máxima precisión posible que é o que desexamos atopar, limitando os resultados a aqueles que teñan máis posibilidades de achegarse ao obxecto da busca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer caracois un cabalo dando voltas nun espazo reducido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condimentar e cociñar a comida nunha cazola.

    2. Andar levantando as tapas e mirando o que hai nas cazolas.

    3. Andar cambiando a comida dunhas cazolas para outras.

    4. Entremeterse alguén en traballos domésticos que non realiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover un animal a cola ou o rabo.

    2. Moverse de xeito sinuoso unha serpe ou outro animal.

    3. Moverse dunha forma sinuosa para avanzar evitando obstáculos. Ex: O dianteiro coleou a toda a defensa antes de marcar un fermoso gol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soster no colo un neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polea que xira de forma independente da árbore sobre a que está montada e que se emprega para guiar ou tensar unha correa ou un cable.

    VER O DETALLE DO TERMO