"Onofre" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo masculino de orixe incerta, que parece ser un dos poucos nomes do antigo Exipto que chegou á antroponimia galega. Nas fontes latinas aparece como Onuphrius, probable adaptación do nome copto Uenofre, do exipcio antigo Wnn-nfrw (Onnophris na transcrición grega). Considerado como o epíteto do deus Osiris resucitado, significaría ‘o que é sempre feliz’. A súa festividade celébrase o 12 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta. Fillo dun rei de Persia, algunhas fontes fano rei de Hungría. Viviu durante sesenta anos nunha cova e alimentouse só de dátiles. A tradición atribuíulle o tecido dunha túnica feita con follas de palmeira. Represéntase como un home vello e nú, cuberto coa súa barba e como atributos porta un caxato, unha palmeira, un cranio e, ás veces, unha coroa tirada no chan, alusión á súa orixe real. A súa festividade celébrase o 12 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO