"Orava" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro italiano. Construíu o Palazzo Comunale de Boloña. En 1458 entrou ao servizo dos Sforza de Milán, para os que fixo traballos de enxeñería. Chamado polo Tsar Iván III, participou na construción do Kremlin de Moscova (1474), onde edificou a catedral da Asunción (1476-1479).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De formación autodidacta, viviu en Europa entre 1924 e 1927. Foi autor, entre outros, dos monumentos a Avellaneda, Simón Bolívar e Raúl Colombres. Dende 1960 pertenceu á Academia Nacional de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e alquimista italiano e conde Fioravanti. Descubriu un bálsamo para a curación dos envelenamentos con arsénico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Dirixiu o Teatro de San Carlos de Lisboa e foi mestre de capela de San Pedro de Roma. Destacou como autor de óperas bufas. O seu fillo Vincenzo Fioravanti (Roma 1799 - Nápoles 1877) tamén escribiu óperas bufas.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Moravia, República Checa, afluente do Danubio pola esquerda (378 km). Nace na vertente S do macizo de Śnežnik, no Sudety, preto da fronteira polaca, e baña a ampla depresión de Moravia. Recibe o afluente principal, o Dyje, e desemboca no Danubio pouco antes de Bratislava.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Serbia, Serbia e Montenegro, afluente do Danubio pola dereita (616 km). Fórmase pola unión do Morava do Sur (de máis de 300 km) e do Morava do Oeste (de case 300 km), que se unen en Stalać. Uns 245 km despois da súa unión conflúe no Danubio, augas abaixo de Smederevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Eslovaquia, formado pola conxunción dos dous ríos Orava, o Branco e o Negro (112 km). Nace en Beskidy e é subafluente do Danubio a través do Váh, no que desemboca en Kral’ovany.
VER O DETALLE DO TERMO