"Orgaz" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Óleo sobre lenzo realizado por El Greco entre 1586 e 1588 para a igrexa de Santo Tomás de Toledo, onde se conserva. Coñecido tamén como El entierro del conde de Orgaz, representa o milagre acontecido durante o enterro de Gonzalo Ruíz de Toledo (?-1323), señor de Orgaz e benfeitor da igrexa, cando apareceron os santos Estevo e Agostiño para enterrar o corpo na sepultura. A escena divídese en dúas partes, na zona inferior represéntase o milagre e na superior, a gloria. Cómpre destacar que os personaxes da parte inferior son retratos de personalidades da época do pintor, vestidos con roupaxes do s XVI. Identificáronse, entre outros, Diego e Antonio de Covarrubias e un posible autorretrato do pintor. O tratamento das figuras, da luz e da cor é manierista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, que está situado ao N dos Montes de Toledo e bañado polo regato de Valdecabras, afluente do Tajo (2.669 h [2001]). As actividades económicas predominantes son as derivadas da agricultura e da gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Implicado na rebelión de Sanjurjo (1932), en 1936 foi destinado a Canarias. Tras o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 foi alto comisario de Marrocos e asegurou o paso das tropas á Península Ibérica. Dirixiu os exércitos de Levante (1938-1939), foi capitán xeneral de Catalunya (1939-1941) e xefe do Estado Maior (1945-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (1.609 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría lanar e no cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO