"Orion" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Nos embrións dos vertebrados amniotos, estrutura formada da unión da capa externa do alantoide e o corion. Nas aves ten función respiratoria, e nos mamíferos constitúe a orixe da placenta fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado na Coruña e dirixido por Luz Pozo Garza, dedicado á produción literaria en Galicia, onde se inclúen artigos de diversos intelectuais galegos, acompañados de ilustracións   de destacados pintores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana máis externa que envolve o embrión e que intervén nas funcións de nutrición, respiración e eliminación de residuos. Nos amniotas envolve externamente a parte dorsal e a cavidade ámnica do embrión. Está formado por ectoderma extraembrionaria e mesoderma. Nos mamíferos é un elemento da parte uterina da placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Orión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral que se sitúa entre as constelacións Xémini, Unicornio, Lebre e Tauro. Contén 209 estrelas visibles a simple vista, dúas delas son de primeira magnitude, cinco de segunda e catro de terceira. Os seus astros principais, Betelgeuse, Rigel e Bellatrix, xunto con χ-Ori, determinan un rectángulo case regular que está dividido en dous por unha liña case paralela aos lados máis curtos e que está determinada por tres estrelas, que se coñecen co nome de Cinto de Orión. Contén a Gran Nebulosa de Orión, unha parte da que se observa coma unha nube escura chamada Cabeza de Cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante mitolóxico. Fillo de Posidón, foi dotado dunha beleza extraordinaria e Eos namorouse del. Ansiou casar con Mérope, pero o pai dela, o Rei Enopión, non o quixo por xenro. Embebedouno e baleiroulle os ollos, abandonándoo na beira do mar. Ártemis fíxoo matar servíndose dun escorpión, polo que, despois de converterse os dous en constelación, Orión foxe sempre de Escorpión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das tres estrelas aliñadas e relativamente brillantes que pertencen a Orión, situadas nas rexións medias da constelación, e que aparentemente debuxan a cintura da figura mitolóxica. OBS: Tamén se denomina Tres Reis ou Tres Marías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxame de meteoros co radiante na parte N da constelación de Orión. Aparece entre o 16 e o 26 de outubro, cando a Terra pasa preto da órbita do cometa Halley, que produce uns residuos que son a orixe do enxame.

    VER O DETALLE DO TERMO