"Ornes" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Especialista en lingua e cultura sánscrita, foi lector en Oxford e vicerrector do Parameshvara College at Jaffna de Sri Lanka. Publicou Lamps of Fire (1958) e estudios e traducións ao inglés de obras sánscritas e do pali como Upanishads, Dhammapada e Bhagavad-Gītā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Vallès Oriental, no baixo val do Mogent (12.868 h [2001]). A agricultura está en regresión e a gandaría está representada por algunhas granxas industriais. Os sectores industriais de maior produción son o químico, o metalúrxico e o alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que nace e desemboca na parroquia do Ézaro (Dumbría).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (1.522 h [2001]). A agricultura e a gandaría perderon importancia ante a chegada da industria. A súa proximidade ao mar contribuíu á construción de urbanizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á moeda cuñada en Tours, Francia, ata o s XIII.

    2. Moeda de prata ou combinada con cobre que se cuñou en varios países europeos a partir do s XIII, seguindo o modelo da moeda tornesa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO