"Orsk" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (89.000 h [estim 1997]). Destaca na súa economía a fabricación de aparatos fotográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (17.970 km2; 2.099.724 h [estim 2000]). A súa capital é Bydgoszcz/Toruń.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia, situada á beira do río Ural (424.000 h [1997]). É un dos centros metalúrxicos máis importantes de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe e místico ruso. Levou vida monástica no monte Athos, onde se integrou na corrente espiritual do hesicasmo. Fundou o mosteiro de Sora, no N de Rusia, dunha gran pobreza individual e colectiva. Os seus seguidores foron denominados ‘non posuidores’, en fronte da corrente oposta que defendía Josep de Volokolamsk, que acabou triunfando. Foi canonizado pola Igrexa Ortodoxa Rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua norueguesa, que se basea nos dialectos occidentais e centrais. Antes era coñecida por landsm<l e contraponse ao riksm<l. Fálana un 25% da poboación e é oficial desde 1910.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Orenburg, Rusia, situada á beira do Ural (274.000 h [1997]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas, nas refinarías de petróleo e nos xacementos de metais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bizantinista. En 1918 emigrou a Alemaña, foi profesor na Universidade de Breslau (1928-1933) e despois estableceuse en Belgrado. Destacan as súas obras Geschichte des byzantinischen Staates (Historia do estado bizantino, 1940) e Byzantine Cities in the Early Middle Ages (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violoncellista. Despois dunha etapa no Cuarteto Lenin, integrouse como violoncellista principal na orquestra do Bol’šoj. Formouse en Leipzig con Julius Klengel e entre 1924 e 1928 formou parte da Filharmónica de Berlín. Tras o seu debut coa Filharmónica de Nova York, iniciou unha xira por todo o mundo e colaborou con intérpretes tan coñecidos como Heifetz, Horowitz, Milstein e Rubinstein. Especializado no repertorio romántico, estreou concertos de Castelnuovo-Tedesco (1935), Hindemith (1941) e Walton (1957), realizou a primeira interpretación do concerto de Prokof’ev (1940) en EE UU e executou o Don Quijote de R. Strauss.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (18.293 km2; 2.198.322 h [estim 2000]). A súa capital é Gdańsk.
-
PERSOEIRO
Físico e inventor serbio. En 1874 emigrou a EE UU, onde se naturalizou e estudou as descargas eléctricas nos gases e sobre todo as transmisións telefónicas, para as que inventou en 1899 o método da pupinización. Recibiu o Premio Pulitzer pola súa autobiografía From inmigrant to inventor (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político polaco. Distinguiuse nas loitas independentistas e na Guerra Polaco-soviética. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1921), primeiro ministro (1922-1923) e ministro de Defensa (1924-1925). Na Segunda Guerra Mundial converteuse en xefe do goberno polaco no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico. En 1913 construíu o primeiro biplano cuadrimotor, convertido en bombardeiro polo exército ruso durante a Primeira Guerra Mundial. En 1917 fuxiu a EE UU, onde se naturalizou (1928). En 1923 creou a Sikorsky Aero Engineering Corporation e en 1925 a Sikorsky Manufacturing Company, que se fusionou en 1929 coa United Aircraft Corporation. En 1935 proxectou o primeiro clipper da Pan American World Airways e o gran bombardeiro de patrulla Flying Dreadnought. En 1940 construíu o VS-300, o primeiro helicóptero operativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora polaca. Das súas obras destacan Busco a palabra (1945), o poemario Por iso vivimos (1952), Preguntas formuladas a unha mesma (1954), todas elas na liña do realismo socialista. Escribiu tamén Sal (1962), Xente en el puente (1986) ou Fin e principio (1993). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Kazakhstán Oriental, Kazakhstán (311.000 h [1999]). Situada na cordilleira de Altai, é unha cidade portuaria no río Irtyš.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (22.902 km2; 1.733.848 h [estim 2000]). A súa capital é Szczecin
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia, situada a 70 km da capital, ao NO (115.600 h [1992]). É un núcleo industrial. Ata 1930 chamouse Sergije e desenvolveuse ao redor do mosteiro de Zagorsk.
VER O DETALLE DO TERMO