"Oslo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Relativo ou pertencente a Checoslovaquia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Checoslovaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado histórico da Europa central, que comprendía Bohemia, Moravia, parte de Silesia e Eslovaquia, formado o 14 de novembro de 1918 tralo desmembramento do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1938, trala ocupación nazi dos Sudety, a cesión de Silesia a Polonia e doutros territorios a Hungría, Checoslovaquia deixou de existir como unidade estatal. En 1939, os nazis entraron en Praga e crearon o protectorado de Bohemia e Moravia, baixo o control do reichsprotektor Von Neurath, e promoveron a declaración de independencia de Eslovaquia, que constituíu un goberno pronazi encabezado polo bispo católico Jozef Tiso. Checoslovaquia recuperou a súa unidade territorial grazas aos progresos do exército soviético que permitiron organizar un goberno provisional en Košice (Eslovaquia) o 3 de abril de 1945, posteriormente trasladado a Praga o 16 de maio. Durante o período socialista, a República Socialista de Checoslovaquia recoñecía a existencia de dúas nacións eslavas no seo da República e organizouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Noruega e do fylke de Akershus e, á vez, fylke independente (454 km2; 508.726 h [2001]). Sitúase no extremo O do fiorde homónimo, que se introduce un cento de quilómetros a través dos mellores distritos agrícolas e forestais do SL de Noruega. É o centro económico, administrativo e cultural de Noruega. Está bordeada de outeiros e ten o seu centro na badía de Pipervika, anexa á área portuaria, que tamén se estende polas badías de Frognerkilen e Björvika. A base da súa economía é a industria da construción naval, mecánica, eléctrica, electrónica, téxtil e das artes gráficas. Fundouna o Rei Harald III de Noruega en 1048 e converteuse na capital con Haakon V de Noruega (1299-1319). A consecuencia das unións escandinavas, a súa importancia política minguou. Os mercadores hanseáticos de Rostock, interesados pola madeira norueguesa, dominaron o seu comercio ata que foron desprazados polos neerlandeses no s XVI. No s XVII iniciouse o desenvolvemento das industrias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiorde do S de Noruega que presenta unha extensión de 100 km. Engloba numerosas illas, moitos recunchos e beiras con bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO