"Osvaldo" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Avogado e político cubano. Membro do Partido Comunista, dirixiu o movemento castrista na súa cidade natal ata a súa detención en 1958. Fuxiu a México e regresou tralo triunfo da revolución. Foi ministro de Leis Revolucionarias e presidente da República (1959), cargo no que se mantivo ata que foi suprimido (1976). Posteriormente, foi vicepresidente do consello de ministros, membro do consello de estado e ministro de Xustiza (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo arxentino. Estivo vinculado ao teatro independente do seu país, concretamente ao grupo Fray Mocho. En galego representouse Historia do home que se volveu can (polas compañías Auriense, 1974; Alén, 1978; Declamación, 1981; Os Biosbardos, 1982; O Facho, 1984; e a Escola Dramática Galega en 1985). Esta peza breve forma parte dun espectáculo formado por varias obras que o autor considerou o centro da súa dramaturxia: as Historias para ser contadas (1957), traducidas ao galego en 1984 nos Cadernos da Escola Dramática Galega. Outras obras súas son: La peste que viene de Melos (1956), Historias para ser contadas (1957), Historia de mi esquina (1959), El jardín del infierno (1959), Milagro en el mercado viejo (1963), Heroica de Buenos Aires (1966), Un maldito domingo (1967) e Historias de la cárcel (1973). En 1981 participou na creación do Teatro Abierto de Bos Aires, co que puxo en escena...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe probable no nome xermánico Osweald ou Answald, composto de os ‘Deus’ e weald ‘poder, potencia’, polo que significaría ‘o poder da divindade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbia. Favoreceu a expansión do cristianismo en Inglaterra. Morreu na Batalla de Maserfield ante o rei de Mercia. Na iconografía represéntase vestido con roupas de rei, con armadura e cunha coroa na cabeza, e na man leva unha xerra de prata ou un globo real sobre o que pousa un corvo que sostén un anel no peteiro. A súa festividade celébrase o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Instalado en Nova York (1928), abriu o seu propio estudo (1950) e dedicouse ao retrato de persoeiros coñecidos do cine, a música ou o deporte, ademais de publicar en Look e Life. Tras o triunfo da Revolución en Cuba (1959), instalouse na illa para traballar co novo goberno. Fundou o xornal Gramma e publicou en Bohemia, Hoy, Cuba Revolución ou Juventud Rebelde unha fotografía documental dos feitos acontecidos na illa neses anos. Recibiu o título de Mestre Internacional da Fotografía de Prensa (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO