"Owo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Político nixeriano. No 1950 fundou o Action Group, partido ioruba de tendencia socialista. Primeiro Ministro de Nixeria occidental (1954-1959), estivo preso durante o período 1963-1966. Responsable do ministerio de Finanzas (1967-1971), foi líder do Partido da Unidade de Nixeria, e candidato á presidencia no 1979 e no 1983, ano no que, a raíz do golpe de estado de M. Buhari, foi retirado da vida política. Escribiu Path to Nigerian Freedom (Camiño á liberdade nixeriana).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cofundador do grupo poético Kwadryga (1927), a súa poesía é de temática proletaria, con referencias á súa cidade natal. Publicou Powrót na Powisle (O retorno a Powisle, 1935) e Dom i inne wiersze (A casa e outras poesías, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no estado de Ondo, Nixeria (183.500 h [1996]). Situada no extremo meridional das montañas de Kukuruku, é un centro comercial de cacao e tamén de iñame, mandioca, millo, arroz, aceite de palma e copra.
VER O DETALLE DO TERMO