"PAA" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Atleta finlandés. Especialista en probas de fondo, foi o primeiro gran corredor de longas distancias do atletismo contemporáneo. Nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920) gañou a medalla de ouro en 10.000 m, en carreira en campo aberto individual (8 km) e por equipos, e a medalla de prata en 5.000 m. Catro anos despois, en París, conseguiu o título olímpico en 1.500 m, 5.000 m e carreira en campo aberto individual (10 km) e 3.000 m, e carreira en campo aberto por equipos. Por último, nos Xogos Olímpicos de Amsterdam (1928), gañou a proba de 10.000 m e obtivo a medalla de prata en 3.000 m e 5.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pan American World Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de compostos 1,4-dicarbonílicos con deshidratantes, aminas ou sulfuros de fósforo, que permite a preparación de derivados do furano, do pirrol e do tiofeno, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político finés. Presidente do Partido Conservador, opúxose á rusificación intentada polo goberno tsarista no seu país. Foi o primeiro ministro da nova Finlandia independente e posteriormente embaixador en Estocolmo (1936-1939). Foi primeiro ministro (1944-1946), despois de firmar o armisticio que puxo fin á Segunda Guerra Soviético-finlandesa (1944), e sucedeu a Carl G. Mannerheim na presidencia da República (1946-1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. De contido moralista, é autor, entre outras novelas, da triloxía Munnoni ja Mannerheim (Miña avoa e Mannerheim, 1960-1962). Moitas das súas obras foron levadas ao cine, como Pojat (1962), Sissit (1963) e Laukaus tehtaalla (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Da súa obra destacan, ademais de contos e libros de memorias, Elämä ja aurinko (Sol da vida, 1916), Hurska kurjuus (Santa miseria, 1919), Nuorema nukknut (Mozos apagados, 1931) e Miehen tie (A vida do home, 1932). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo. Ministro de Asuntos Exteriores e primeiro ministro (1938-1939, 1946, 1947-1949), presidiu a primeira Asemblea da ONU (1946). Foi secretario xeral da OTAN (1957-1961).

    VER O DETALLE DO TERMO