"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • ferro de pasar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘modelar, formar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución florentina promovida por Cósimo de Médicis, quen concibira a idea de facer revivir en Florencia a Academia de Platón, influído polo platonismo de Georgios Gemistós Plēthōn. Neste sentido, foi Cósimo de Médicis quen no ano 1463 lle encargou a M. Ficino a tradución da obra de Platón e lle cedeu a vila de Montevecchio (Careggi), que a partir dese momento pasou a chamarse Academia. A Academia opúñase ao aristotelismo averroísta, tentando conciliar platonismo e cristianismo. Disolveuse no ano 1521.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eiva conxénita hereditaria de carácter dominante que produce un ananismo que afecta ás catro extremidades. Forma parte do grupo das condrodistrofias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter unha cousa axustada dentro doutra.

      1. Reaccionar ante algo negativo ou molesto.

      2. Aguantar ben os golpes do contrario, especialmente nos deportes de combate.

      3. Aceptar unha situación difícil e adversa e adaptarse a ela.

    2. Construír cimentos en caixóns ou en gabias abertas.

    3. Reforzar un muro con machóns axustando e apisoando a terra entre tapias.

    4. Adaptarse e axustarse unha cousa con outra ou dentro doutra.

      1. Concordar ou ser oportuna ou adecuada algunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das actinoplanáceas.

    2. Familia de bacterias da orde das actinometais integrada por individuos que se reproducen mediante a formación de esporanxios que ceiban esporas móbiles e flaxeladas que se asemellan ás bacterias da orde dos pseudomonadais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de microorganismos ou elementos orgánicos (como esporas, pole, formas de resistencia de bacterias, etc) que flotan no aire e son transportados polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dos aerodinos provistos de ás fixas, actualmente se chama avión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terras altas da Siberia central, na República Autónoma de Iacutia, ao N dos montes Stanovoi, cunha altitude máxima de 2.100 m. Constituído principalmente por gneises e granitos, drénano os afluentes do Aldan. Reservas minerais, principalmente auríferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuádrupla Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dupla Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tripla Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de La Sierra ( 1.696 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transplante entre dous individuos da mesma especie, pero de dotación xenética diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase especial de solifluxión na que esta se manifesta en forma de meseta (terrazas de altiplanación) e relevos aplanados constituídos pola acumulación de materiais rochosos soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación do terreo cunha superficie máis ou menos plana, ás veces, limitada por un ou máis barrancos e sucada por vales encaixados e profundos.

    2. altiplano oceánico

    3. altiplano residual

    4. altiplano tectónico

    5. altiplano volcánico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de terras altas que se estende dende o S do Perú ata o N da Arxentina incluíndo Bolivia. Cunha altitude media de 3.400 m e unha lonxitude superior aos 900 km, está flanqueada por dúas cordilleiras de elevacións a miúdo superiores aos 6.000 m: a Occidental, que se estende ao longo do límite con Chile, e a Real ou Oriental, que polo centro de Bolivia chega ata Arxentina. O Altiplano coincide co fondo dun antigo e extenso lago. Está drenado por concas endorreicas; o lago Titicaca e o lago salgado Poopó son os máis importantes. A temperatura media é de 8°C, con grandes variacións; pode baixar ata -20°C. O sector N está moi poboado e alí atópanse os principais centros mineiros.

    VER O DETALLE DO TERMO