"Padda" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Nome do segundo soberano da I dinastía de Ur, que significa ‘Pai elixido por An’. Fillo de Mesannepadda (‘Heroe elixido por An’), fundador da dinastía contra o 2560 a C, sucédeo á súa morte acaecida contra o 2525. Sábese que mandou construír o templo de Ninhursag en Al-’Ubaid, salientable pola súa decoración. Durante o seu reinado, pouco despois do 2500, subiu Ur-Nanse ou Urninna ao trono de Lagash. Aínda que tivo un pacífico reinado, foi coñecido polo alcume Guerreiro de Nanshe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos estríldidos, que ten como principal representante P. oryzivora, de 15 cm, coa cabeza, as rémixes e a cola negras, as meixelas e o ventre branco e o resto co corpo gris. Habita en todo o SL de Asia e en África oriental.