"Paderne" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Paderne, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Cibrao, onde se atopa a capital municipal, no lugar do Consistorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Betanzos, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia, no L da provincia da Coruña, a 43° 16’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Miño (comarca de Betanzos), ao L co de Irixoa, ao S cos de Betanzos e Coirós, e ao O co de Bergondo (comarca da Coruña) e a ría de Betanzos. Abrangue unha superficie de 39,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 2.710 h (2007) distribuídos nas parroquias de Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, San Pantaleón das Viñas, San Xulián de Vigo, Souto, Vilamourel e Vilouzás. A súa capital é o lugar do Consistorio, situado na parroquia de Paderne. Localízase a 26 km ao L da cidade da Coruña e a 62 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
Xeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo está constituído por diferentes superficies de erosión, cunha altitude que descende gradualmente de L a O desde os 400 m ata o nivel do mar no seu... -
GALICIA
Concello da co-marca de Allariz-Maceda, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-N da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 16’ latitude N e 7° 44’ lonxitude O. Limita ao N cos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos (comarca de Ourense), ao L co de Maceda (comarca de Allariz-Maceda), ao S cos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas (comarca de Allariz-Maceda) e ao O cos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (comarca de Ourense) e Allariz (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 38,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.605 h (2007) distribuídos nas parroquias de Cantoña, Coucieiro, Figueiredo, Figueiroá, Golpellás, Paderne, San Lourenzo de Siabal, San Salvador de Mourisco, San Xes e Solbeira. A capital do concello é Paderne de Allariz, localizada a 16 km ao L da cidade de Ourense e a 127 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense (e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cesuras. Datada no s XVII, ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida rectangular. Entre a nave e o presbiterio hai dous arcos de medio punto. No interior destaca un retablo barroco de madeira policromada dedicado ao Apóstolo Santiago. Ten o campanario illado.
VER O DETALLE DO TERMO