"Paisal" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azul, un castelo sen ameas, de prata, posto sobre ondas de mar, superado por unha estrela de ouro de oito raios.
-
GALICIA
Músico. Formouse como pianista ás ordes de Ángel Brage en Santiago de Compostela e desde moi novo pasou a formar parte do grupo Os Tamara (1956-1975). Director do conservatorio do concello de Ribeira e da Coral Polifónica municipal da vila, foi profesor de música en escolas filiais do conservatorio de Santiago de Compostela, director da coral desta cidade e responsable máximo do coro Voces do Son. Publicou os discos La vida es una sola (2000) e Enrique Paisal, amigas y amigos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO