"Palencia" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Arabista. É autor, entre outras obras, de Historia de la España musulmana (1925), Historia de la literatura hispanoarábiga (1928) e cinco volumes de Estudios histórico-literarios (1942-1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Castela e León, situada entre os ríos Pisuerga e Carrión (79.797 h [2001]). Antigo mercado agrícola e con fábricas de pano, ten industria de metalurxia, armas, campás e construcións mecánicas. É un termo administrativo e comercial, capital dunha comarca agrícola. Sancho III de Navarra restaurou a Palantia romana entre 1000 e 1035, outorgoulle privilexios e restaurou o bispado fundado no s IV. Foi sé de concilios (1113-1129), e Afonso VIII creou nela a primeira universidade da Península Ibérica en 1208, aínda que se trasladou a Salamanca en 1239. Participou nas loitas dos comuneiros (1521). Centro gandeiro vinculado á Mesta, a causa da crise da la no s XVI experimentou unha gran recesión, aínda que se revitalizou co establecemento de industrias fariñeiras no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (1321-1516), de estilo gótico, cun calvario de J. de Valmaseda no retablo do altar maior e un díptico de P. Berruguete na sancristía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Castela e León, formada por 191 municipios (8.029 km2; 174.143 h [2001]). A súa capital é Palencia. Posúe un hábitat rural, agrupado en pequenas poboacións próximas unhas a outras onde só destacan, ademais da capital provincial, os núcleos de Aguilar de Campoo (7.435 h [2001]) e Guardo (8.200) h [2001]). O sector agropecuario e a minaría teñen un peso importante na economía, mentres que a industria quedou relegada a determinadas poboacións. O Camiño Francés de Peregrinación a Santiago atravesa este territorio de L a O, pasando por puntos de gran relevancia na ruta xacobea como Frómista, Villalcázar de Sirga e Carrión de los Condes.
-
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Autodidacta, pintou rúas de Madrid (1909) e especializouse na paisaxe. Creou con Alberto Sánchez a escola de pintura de paisaxe en Vallecas. A súa obra, de cores acesas, participou dun certo naturalismo fauve. Destaca Paisaje de Henares. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao S do pantano de Malpasillo, no río Genil, que delimita o termo polo N (1.562 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO