"Papio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Xénero de primates cinomorfos, da familia dos cercopitécidos, ao que pertencen os babuínos ou papións. Son de dimensións grandes, co morro longo e calvo, mandíbulas fortes e cairos moi potentes. Teñen o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. O pelame é longo e abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Comunitat Autónoma de Catalunya (3.314 h [2001]). Os principais cultivos de regadío son as hortalizas e as árbores froiteiras. No secaño destacan a viña, as cerdeiras e as amendoeiras. A industria ten como principais sectores o da construción, o químico e o téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben os primates do xénero Papio.

    2. Primate surafricano, o máis grande dos papións, que ten o pelame marrón agrisado, cun ton verde nas costas. Os machos adultos poden pesar máis de 40 kg.

    VER O DETALLE DO TERMO