"Paraguay" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • RIOS

    Río de América do Sur, o quinto do continente pola súa lonxitude, tributario do río Paraná, onde desemboca preto da cidade de Corrientes (2.550 km de lonxitude). Nace en Mato Grosso (Brasil), a 300 m de altitude. Atravesa Paraguay e durante boa parte do seu curso sérvelle de fronteira a este país, primeiro con Brasil e despois con Arxentina. Recibe numerosos afluentes; do altiplano brasileiro baixan o Cuiabá, o río Negro, o Aquidauana e o Taquari; mentres que do sistema andino chegan o Pilcomayo e o Bermejo. As chuvias tropicais estivais determinan os períodos de cheas. É unha importante vía de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América do Sur, que limita con Bolivia ao NO e ao N, con Brasil ao NL e ao L, e con Arxentina ao S, ao SO e ao O (406.752 km2; 5.291.000 h [estim 2001]). A súa capital é Asunción.
    Xeografía física
    Paraguay é en boa parte un país baixo e chan, aínda que cunha morfoloxía variada. Na zona comprendida entre os ríos Paraná e Paraguay localízanse os contrafortes do altiplano do Mato Grosso. No centro do país érguense uns macizos separados do Mato Grosso pola erosión. No N de Paraguay esténdese unha penechaira de granito e gneis dominada ao O por un estreito macizo delimitado por fallas. O Gran Chaco, que cobre máis do 60% da superficie do país, é unha gran chaira horizontal que se estende entre o río Paraguay e os Andes, cuberta de monte baixo espiñoso, habitada por tribos indíxenas nómades e por onde se estenden inmensos dominios gandeiros. O clima, sen diferenzas moi acentuadas, é cálido e húmido. No L domina a formación de...

    VER O DETALLE DO TERMO