"Parcero" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

    1. Apelido galego que ten a súa orixe en Redondela.

    2. Liñaxe galega que trae por armas, en campo de azul, dous lebreiros, ao natural, montado un enriba do outro, e sobre eles, unha estrela de prata. Outros traen, en campo de sinople, cinco castelos, de azul, postos en cruz. Os de Saboia levan escudo partido: primeira partición, en campo de goles, un castelo de ouro; segunda partición, en campo de azul, un castelo de prata sumado dunha flor de lis, de prata e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero e escritor. É autor de Afectos de amor divino, expresados en las letras de doce tonadillas cantadas al Santísimo Sacramento (1792), en que se recolle un vilancete bilingüe galego-castelán que foi interpretado no Nadal de 1790 con música de Melchor López e, probablemente, doutras composicións localizadas nos Arquivos Mindonienses e no Arquivo Musical da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO